Arnidol: cosmética natural para os máis pequenos

Que é Arnidol
Cando os pequenos empezan a andar (e a correr), chegan os cocos, os golpes e as caídas. Arnidol é unha marca de produtos naturais, moi estendida, que atoparás en farmacias e tendas de produtos naturais. Ten catro produtos, cada un para unha necesidade. Contámoschos.
Arnidol Gel Stick
Formulado con árnica e harpagófito, dúas plantas medicinais que calman, refrescan e axudan a evitar a inchazón e o cardenal dos golpes. Aplicado xusto despois do golpe, baixa a inchazón e apenas quedan marcas. Pódese usar tantas veces como faga falta e a partir dos 3 meses. Importante: nunca sobre feridas, só en golpes; e polo seu formato de barra, que non o manipulen os pequenos.
Arnidol Active Gel
A base de ingredientes naturais de orixe ecolóxica, con árnica, harpagófito e mentol. Axuda ao músculo antes e despois do esforzo físico. Recomendado a partir dos 3 anos. Vén en tubo, repártese con facilidade e absórbese de seguida. Só de uso externo, nunca sobre feridas.
Arnidol Sun
Combina flores de árnica con manteiga de karité e filtros solares minerais de efecto barreira inmediato. Ofrece unha protección solar alta e boa hidratación. En formato barra, fácil e rápido de aplicar en cara, pescozo, ombros e brazos cando o pequeno xoga no parque; convén repetir a aplicación tantas veces como sexa necesario. A partir dos 3 meses.
Arnidol Pic
Perfecto para as picaduras de insectos. Formulado con árnica e outros seis ingredientes naturais, como a calamina e a boswellia, que alivian de inmediato a pel de picaduras e irritacións. Tamén en barra e aplicable tantas veces como se necesite. A partir dos 3 meses.
Se buscades coidar a pel dos máis pequenos con cosmética natural, a gama de Arnidol é unha opción moi práctica para levar na bolsa.