Volver ao blog
Xogo simbólico

A nosa experiencia coa cociña de Ikea

A nosa experiencia coa cociña de Ikea

Por que unha cociña de xoguete

O noso fillo ten 22 meses. É un pouco pequeno para unha cociña, pero desde había días víamos que empezaba a facer xogo simbólico: imitaba cociñar, servir, dar de comer... Ademais frecuentamos unha cafetaría adaptada para ir con nenos, chea de xoguetes, e alí xogaba moito coa cociña. Así que pensamos que lle gustaría ter unha na casa.

Por que a de Ikea

Comparamos modelos e prezos en varias tendas. Tiñamos preferencia polas de madeira: parécennos de mellor calidade, duran máis e adoitan ser máis bonitas. Ao final decidímonos pola de Ikea, sinxela pero con de todo, e que ademais se pode personalizar. Ten un detalle que non coñeciamos: a vitro acéndese cunha luz que funciona con pilas, igual que as de verdade.

Montala en familia

Quixemos que o pequeno estivese presente na montaxe, porque lle encanta participar nas actividades familiares. Ao principio miraba, pero de seguida colleu un desaparafusador e púxose a "repasar" os parafusos que xa apretaramos. Sorprendeunos a súa habilidade para facer xirar o desaparafusador dentro de cada burato: iso é ter unha boa motricidade fina.

Deixalos participar

Encántanos que queira participar en todo o que facemos, dentro e fóra da casa: observar mentres cociñamos, lavar a froita, poñer e sacar a roupa da lavadora, colocar a compra na cinta do súper... Son tarefas cotiás que para os máis pequenos son moi enriquecedoras e axúdanlles a aprender. O noso lema: non privalos de axudar, e menos se son eles quen o piden.

Volver ao blog